A Fundación RIA ten o pracer de convidarte o venres 17 de abril ás 10:00 á conferencia impartida por Xerardo Estévez e Alfonso Salgado, "SANTIAGO urbs, COMPOSTELA civitas" en Casa RIA.
Nesta conferencia, ambos arquitectos composteláns compartirán unha reflexión sobre a evolución recente da cidade e os dilemas que xorden ao conciliar a protección do seu legado histórico coa necesidade de adaptarse ás dinámicas contemporáneas.
«SANTIAGO urbs, COMPOSTELA civitas»
Conferencia de Xerardo Estévez e Alfonso Salgado
Venres 17 de abril, 10:00–12:00 h
Casa RIA, Santiago de Compostela, Virxe da Cerca 6
La entrada es gratuita, pero por cuestiones de aforo se debe confirmar asistencia al correo eventos@casaria.org