Evento
PORTADAEVENTO

calendario

Abr

17

Conferencia Santiago urbs, COMPOSTELA civitas

 

A Fundación RIA ten o pracer de convidarte o venres 17 de abril ás 10:00 á conferencia impartida por Xerardo Estévez e Alfonso Salgado, "SANTIAGO urbs, COMPOSTELA civitas" en Casa RIA.

 

Nesta conferencia, ambos arquitectos composteláns compartirán unha reflexión sobre a evolución recente da cidade e os dilemas que xorden ao conciliar a protección do seu legado histórico coa necesidade de adaptarse ás dinámicas contemporáneas.

 

 

«SANTIAGO urbs, COMPOSTELA civitas»

Conferencia de Xerardo Estévez e Alfonso Salgado

 

Venres 17 de abril, 10:00–12:00 h

Casa RIA, Santiago de Compostela, Virxe da Cerca 6

 

 

A entrada é gratuita, pero por cuestións de aforo, pregamos que confirmes a túa asistencia respondendo a este correo.

 

Esperamos que poidas acompañarnos.