Cursos en colaboración con outras entidades e externos

Cursos en colaboración con outras entidades e externos

 

Efinova

Información cursos: https://www.efinovatic.es/cursos/listadoCursos/

Para inscribirte deberás picar non curso, e pulsar no apartado para matricularte, crear nova conta cun nome de usuario e correo electrónico, un contrasinal e os datos solicitados, unha vez creada a conta, chegarache un correo para activala, picando na ligazón que che chegou ao correo e indicarache que estás de alta no sistema.

 

A continuación accederás de novo aos cursos e xa poderás inscribirche, introducindo os datos de facturación e na seguinte pantalla indicarás que pertences ao Coaat de Pontevedra, introducindo o teu nº de colexiado e clicar en “aplicar”, e aplicarase o desconto correspondente.

Finalizarase o proceso contratando o curso e introducindo os datos dunha tarxeta bancaria. Para calquera dúbida ou aclaración podes contactar con Amaia Mangado, teléfono: 948 316 829. Información e matriculación:   https://www.efinovatic.es/cursos/curso/117/

 

Difusión de cursos impartidos por colexiados:

 

Infórmase do acordo de Xunta de Goberno de data 22/09/20, sobre o procedemento para difusión de cursos, charlas e conferencias impartidas por colexiados. O Colexio comunicará nas circulares a información relativa aos eventos organizados polos nosos colexiados, sempre que cumpran as seguintes condicións:

O colexiado interesado na difusión, ha de notificar o evento ao Colexio, cunha antelación mínima de 15 días por correo electrónico ao correo: delegacionvi@coaatpo.es achegando o boletín en formato pdf que conteña:

Título da acción formativa

Datas e horas propostas

Temario da acción

Forma de contacto

Forma de pago

 

O Colexio ratificará as datas de realización para evitar a coincidencia con cursos xa organizados por este e unicamente actuará como axente difusor do evento, reenviando o pdf aos colexiados, en todo caso considérase un ente alleo ao propio evento e á organización do mesmo, non facéndose en ningún caso responsable dos contidos, pagos, cancelacións ou calquera problema que poida existir.