Historia

1919

28 de marzo: Real Decreto no que se regulan as funcions dos Aparelladores, destacándose o artigo 4, no que se indica a posibilidade de "...proxectar e dirixir toda clase de obras cuxo orzamento non exceda de 10.000 pesetas"

1930

4 de diciembre: Constituese a Asociación Pericial de Aparelladores Titulares de Obras de A Coruña

1934

9 de mayo: Decreto no que se regulan novas funcions dos Aparelladores destacándose no seu artigo 1 "o aparellador e o perito de materiais e de construcción, o sexa, o técnico constructor de obras..." 26 de julio: Decreto que anula o anterior

1935

31 de mayo: Decreto polo que se regulan novas funcions dos Aparelladores destacándose no seu artigo 1 "...os Aparelladores son os únicos que, baixo a dirección dos Arquitectos, exercerán a función de constructor de obras..." 16 de julio: Decreto polo que se regula a profesión, derogando ol anterior, e no que establecese no seu artigo 1 "Os Aparelladores, pola sua calidade de peritos de materiais e de construcción...", "... A intervención obrigada do Aparellador..." no seu artigo 2 " A misión do Aparellador consiste en inspeccionar coa debida asiduidade os materiais, proporciones e mezclas, e ordenala execución material da obra..."

1940

28 de diciembre: Como consecuencia da Orden do 9 de maio, constituese o Colexio Oficial de Aparelladores de Galicia, con sede na Coruña, sendo o seu superior xerárquico a Federación Nacional de Aparelladores. O seu primeiro presidente foi D. Diego Álvarez Melero

1942

D. Primitivo Coca Arosa e elexido este ano Presidente da Delegación do Colexio de Aparelladores de Galicia en Vigo, cargo que ocupará ata o ano 1949

1944

3 de septembro: celebrase en Vigo a Primeira Asamblea Rexional do Colexio de Aparelladores de Galicia

1945

28 de junio: Aprobase o Regulamento da Federación e Colexios de Aparelladores, reconocendo a todos eles o seu carácter oficial e con personalidade xurídica propia, dependendo de igual forma da Dirección Xeral de Arquitectura

1950

Producese unha reestructuración dos colexios por iniciativa da propia Federación, deixando configurado o Colexio de Galicia en dos zoas: Norte (con cabeceira na Coruña e delegacions en Ferrol e Lugo) e Sur (con cabeceira en Vigo e delegacions en Ourense e Pontevedra)

1951

4 de marzo: Na Delegación do Colexio Oficial de Galicia en Vigo votase a constitución do Colexio oficial de Aparelladores da provincia de Pontevedra

1952

O 4 de marzo fixase en Vigo a capitalidade do Colexio Oficial de Aparelladores de Galicia Zona Sur

1957

O Plan do 57 fixa, ademáis dos requisitos de formación para o ingreso na Escola, a necesidade de superar un curso selectivo de iniciación, cuxa aprobación habilita para estudiar os tres cursos da carreira de Aparelladores

1959

D. Francisco Saco Pato substitúe a D. Primitivo Coca Arosa na presidencia. Desempeñará este cargo ata 1968

1964

Crease o título de Arquitecto Técnico, que substitúe a denominación de Aparellador

1968

D. José Varela Grassi ocupará o cargo de Presidente ata 1976. Baixo o seu mandato instálase a sede do Colexio no local da Praza de Portugal

1969

Tras varias ubicacions, aprobase o traslado da sede colexgial aos baixos dun edificio da Praza de Portugal o 14 de marzo de este ano

1971

O 13 de septembro comprase o local da Delegación do Colexio en Pontevedra, situado no entresollado do número 18 da rúa Riestra, sendo Delegado de Pontevedra D. Agustín Portela Paz

1976

Desde este ano, e ata 1979, o Presidente e D. Carlos García Castro

1977

8 de junio: Crease o Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos da provincia de Pontevedra que chega ata hoxe en día

1979

Dende este ano, e ata 2013, D. Antonio Álvarez-Ossorio y Costa e Presidente do Colexio

1981

Comprase a práctica totalidade da planta baixa do edificio da Praza de Portugal na que está a sede do Colexio

1983

En abril ten lugar, na Toxa, o primeiro Congreso Galego dos Aparelladores e Arquitectos Técnicos

1989

Adquirense o resto da planta baixa e a planta primeira con frente a Praza de Portugal e que fai esquina coa rúa Churruca, co que o local pasa a ter unha superficie total de 789 metros cadrados

1990

31 de enero: Completase a ampliación da sede colexial en Vigo coa compra do local da Praza de Portugal que fai esquina coa rúa Churruca

1997

29 de decembro: Constituese o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia

2001

27 de febrero de 2001, aprobase a compra do local destinado a xestión de documentación colexial, situado no edificio nº46 da r/ Torrecedeira de Vigo, e con frente a r/ Marqués de Valterra, nº31 dunha superficie de 220 m/2.

2002

21 de enero de 2002, aprobase iniciar as xestions para a compra dun edificio para a Sede en Pontevedra, na r/ Enfesta de San Telmo, 23 e Praza do Peirao en Pontevedra.

2004

1 de septiembre de 2004, iniciase a actividad económica da Sociedade Desarrollo Actividades Arquitectura y Construcción (DAAC)

2005

26 de mayo de 2005, inaugurase o edificio para a Sede en Pontevedra, na r/ Enfesta de San Telmo, 23, modificándose en Xunta Xeral do 28 de abril do citado ano, no domicilio social do Coat de Pontevedra

2009

18 de diciembre de 2009, publicase no Diario Oficial de Galicia o “Decreto 436/2009, de 26 de novembro, polo que aprobase o cambio de denominación do Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Pontevedra, pasase a denominar Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de edificación de Pontevedra e se colexia a primeira promoción co Título de Grao en Enxeñería de Edificación

2013

25 de abril de 2013, aprobanse en Xunta Xeral Ordinaria os Estatutos da Agrupación de Aparelladores e Arquitectos Técnicos Peritos Xudiciales de Pontevedra. Don Pelayo C. Eyo Valladares, e elexido presidente do Colexio.

2019

2 de agosto de 2019, aprobase polo Consello Galego os Logos da Marca Aparelladores, e na Xunta de Goberno de este Colexio, de 27 de agosto de 2019, acordase comezar a usarse o Logo da Marca Aparelladores Pontevedra

2020

30 de marzo de 2020, publicase no Diario Oficial de Galicia o Decreto 60/2020, do 12 de marzo, polo que aprobase o cambio de denominación dos Colexios oficiales de aparelladores, arquitectos técnicos e Enxeñeiros de edificación de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, e pasanse a denominar “Colexio Oficial da Arquitectura Técnica” da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente. O dito Decreto entra en vigor o día 31/03/2020.