A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, ten o pracer de convidalo/a á “1ª Xornada de Impulso da Vivenda Protexida en Galicia”.
Nesta xornada presentaremos as modificacións normativas que levamos a cabo en favor da vivenda protexida, presentaremos os PIAS que estamos a desenvolver e tamén teremos un punto concreto no que abordaremos a colaboración e cooperación co sector e cos Concellos.
Para poder participar neste evento é necesario inscribirse no enlace que se coloca a continuación:
ENLACE DE INSCRICIÓN