Publicouse no DOG nº 239, do 19 de decembro, Orde do 30 de novembro de 2022, pola que se aproban os Estatutos do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra, e os Estatutos do resto de Colexios galegos.
Vicepresidencia Segunda e Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes ORDE do 30 de novembro de 2022 pola que se aproban os estatutos do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra.
De conformidade co disposto no artigo 150.2 da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias a Comunidade Autónoma galega, transfiere, no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacions de dereito público representativas dos intereses económicos e profesionais.