Concello de Pontevedra. Ordenanza IAE
Publicada el 05/10/22

Texto Refundido da Ordenanza municipal reguladora do informe de avaliación dos edificios do Concello de Pontevedra

A Ordenanza municipal reguladora das medidas de conservación e de seguridade nos elementos comúns exteriores das edificacións, que fora aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación do Concello de Pontevedra en sesión do 27 de novembro do 1999 (BOP nº 246, do 27/12/1999) e posteriormente modificada por acordo plenario de 24 de novembro do 2001 (BOP nº 40, de 26/02/2002), foi unha das pioneiras no noso país, mesmo adiantada a posteriores previsións lexislativas, e ten constituído, sen dúbida, unha das ordenanzas municipais que máis salientábeis e mellores resultados prácticos ten producido, tanto para a seguranza dos elementos exteriores dos inmobles e, polo tanto, para os usuarios da vía pública, coma para a mellora da imaxe urbana da cidade, para o que contou coa axuda dos tradicionais bandos de ornato e limpeza, de periodicidade anual.

Ficheros
Relaciones
  • No hay relaciones en esta noticia.