XXIV edición do Premio Manuel Colmeiro
Publicada el 31/05/21

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXIV edición do Premio Manuel Colmeiro para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia (código de procedemento PR771A).

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos comezará coa entrada en vigor desta orde e finalizará o 15 de outubro de 2021.

 

A Escola Galega de Administración Pública convoca o Premio Manuel Colmeiro co gallo de fomentar e distinguir a investigación sobre as Administracións e os entes do sector público de Galicia desde calquera perspectiva de estudo (histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica).

 

Dotación económica: 3.500 euros

Edición da obra: a EGAP publicará o traballo premiado.

Data límite de presentación de traballos: 15 de outubro de 2021

Máis información en: https://egap.xunta.gal/premios

no correo electrónico: secretaria.egap@xunta.gal ou no teléfono: 981 546 044

Ficheros
Relaciones
  • No hay relaciones en esta noticia.