Circular interpretativa sobre a Viabilidade das vivendas colectivas no sólo rústico e actuacións en parcelas afectadas
Publicada el 04/10/22

Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco da normativa urbanística estatal e autonómica vixente.

Ante as numerosas consultas formuladas sobre aspectos que, aínda que derivan da aplicación da normativa urbanística vixente, exceden do contido e interpretación da mesma, por tratarse de cuestións directamente vinculadas coa normativa de natureza rexistral e hipotecaria, solicitouse a colaboración do Decanato dos Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia e do Colexio Notarial de Galicia, co fin de elaborar unha circular interpretativa e poder trasladar o criterio acordado aos concellos e demais axentes e operadores técnicos e xurídicos que desenvolven as súas funcións no eido do urbanismo.